Querido/a lector/a

Disque podes atopar os mellores tratamentos aquí

En Vai de Unllas entendemos a estética como un coidado integral: dende unha manicura que fala por ti ata tratamentos faciais e corporais que devolven á pel a súa luz natural. Tamén dispoñemos de técnicas avanzadas, como o láser ou a micropigmentación, para quen busca precisión e resultados duradeiros.

Aquí cada detalle importa, porque o verdadeiro luxo está en como te sintes.

Mans e pés

Mimamos cada detalle como se fose unha xoia. Comezamos cunha limpeza suave da pel, seguimos cunha exfoliación e hidratación que devolven o confort ás mans e aos pés, e rematamos cunha masaxe que convida a esquecer o mundo por uns minutos.

E, por suposto, non falta a parte máis divertida: as opcións de esmaltado, deseñadas para que brilles coma o diamante da tempada.

foto-relleno

Masaxes relaxantes

Hai días nos que o corpo suspira por unha pausa e a mente desexa un recuncho de calma. Para eses momentos nos que o mundo parece ir demasiado rápido, en Vai de Unllas atoparás as nosas masaxes relaxantes: tratamentos deseñados para aliviar tensións, suavizar o cansanzo e devolverlle ao corpo esa sensación de lixeireza que só nace do verdadeiro benestar.

Sexa un masaxe facial, de costas, pernas ou unha sesión completa, cada experiencia acompáñase de técnicas de relaxación, aromas delicados e aceites esenciais que acarician a pel con serenidade. Todo sucede nun espazo que invita a deter o tempo, a respirar fondo e a recuperar a enerxía necesaria para volver ao día a día… cun brillo novo e unha calma que se nota por dentro e por fóra.

Micropigmentación

Cada trazo conta unha historia.

Buscamos resultados elegantes, naturais e duradeiros, respectando sempre as faccións e a expresividade de quen o leva.

Ofrecemos tratamentos de micropigmentación para cellas, ollos, beizos e mesmo retoques capilares ou correccións estéticas, pensados para devolverlle á túa imaxe a frescura e harmonía que xa estaban en ti.

Madeiroterapia

A natureza sempre foi unha aliada para recuperar o equilibrio do corpo e da mente, e en Vai de Unllas quixemos trasladar esa idea ao noso modo de coidar de ti. Dende terras afastadas chega ata nós un ritual antigo, delicado e sorprendentemente eficaz: a madeiroterapia.

Este tratamento emprega instrumentos de madeira que deslizan sobre a pel coma se seguisen un mapa secreto, estimulando a circulación, activando o sistema linfático e tonificando esas zonas que ás veces parecen resistirse a todo. Pernas, glúteos, abdome… cada área atopa aquí unha nova oportunidade para renovarse.

Facial e corporal

Reunimos unha selección de tratamentos pensados para aliviar, renovar e realzar o teu corpo e o teu rostro, sempre coa elegancia e a delicadeza que caracterizan a nosa casa.

Cada sesión é un contorno co benestar:

  • Exfoliación e hidratación, para eliminar imperfeccións e células mortas.
  • Tratamento con crioxel, ideal para aliviar a sensación de pernas cansas.
  • Drenaxe linfático, que mellora a circulación e axuda a reducir a retención de líquidos.

Depilación

En Vai de Unllas, a depilación convértese nun ritual de coidado e precisión. Aplicamos diferentes técnicas —fío, láser, cera quente ou fría— escollendo sempre a máis axeitada para a túa pel e as túas necesidades.

O obxectivo é ofrecer resultados duradeiros sen renunciar á suavidade nin ao respecto polas peles máis sensibles.

Con esmero e calma, eliminamos o superfluo para que a túa pel brille coma a verdadeira protagonista, sen temor nin presa, só con confianza e benestar.

Tratamentos con láser

Neste caso, o noso mellor aliado é o láser, unha ferramenta precisa e poderosa que borra o que xa non se desexa e realza o que merece permanecer.

A súa versatilidade permítenos ofrecer tratamentos seguros e efectivos, sempre respectando a pel e potenciando a súa beleza natural:

  • Depilación con láser.
  • Eliminación de fungos nas unllas.
  • Eliminación de tatuaxes.
  • Eliminación de manchas.⁠
  • Eliminación de micropigmentación⁠.
  • Hollywood Peeling.

Tatuaxes e piercings

Dise que a arte vai máis alá do ornamento: tatuaxes que murmuran lembranzas e piercings que engaden luz alí onde a personalidade quere falar.

Cada creación, sexa unha peza de tinta ou un pequeno punto de metal, convértese nunha xoia única, feita á medida de quen a leva e co mimo que sempre nos guía.

Acompañámoste a selar momentos, identidades ou simplemente ese desexo íntimo de levar beleza na pel… dun modo tan auténtico coma ti.

Regala saúde e benestar

Se queres sorprender con elegancia, aquí atoparás o detalle perfecto.

Os nosos vales agasallo están pensados para quen desexe ofrecer algo máis ca un presente: unha cita de coidado refinado, de calma e beleza que deixa pegada.

O teu está agardando. Ven por el… ou pídeo agora e fai feliz a alguén que o mereza.

Preguntas frecuentes

Non quedes coas dúbidas

Canto dura unha sesión de manicura?

A duración varía en función do esmaltado elixido: unha manicura con esmaltado require arredor de 90 minutos, mentres que unha manicura sen esmaltado adoita realizarse nuns 45 minutos. Procuramos traballar con tempos realistas para garantir un acabado coidado, sen présas, buscando un resultado impecable.

Como podo conseguir a tarxeta de fidelización?

A tarxeta de fidelización actívase no momento en que se fai por primeira vez un tratamento de spa de mans ou spa de pés. Cada sesión deste tipo suma un selo, e ao chegar a 10 selos entregarémosche un agasallo especial como agradecemento pola túa fidelidade.

Tedes tarxetas ou vales agasallo dispoñibles?

Si, dispoñemos de vales agasallo que se poden adquirir para regalar experiencias e tratamentos. Son unha opción ideal cando se quere ofrecer un detalle.

En que consiste a aplicación de reservas e como funciona?

A APP permíteche consultar a dispoñibilidade e reservar o servizo que desexes dun xeito rápido e cómodo, sen necesidade de mensaxes nin chamadas. Ademais, en Instagram temos un vídeo explicativo onde podes ver o proceso paso a paso.

É necesario pedir cita para calquera servicio?

Si, sempre traballamos con cita previa para todos os servizos. Isto permítenos garantir o tempo necesario para cada tratamento e ofrecer unha atención totalmente personalizada. Podes reservar a través da nosa APP.

Os produtos utilizados son aptos para peles sensibles?

Traballamos con produtos formulados con base natural e seleccionados especificamente para ser respetuosos coa pel. Son aptos incluso para peles delicadas ou sensibles, e priorizamos sempre ingredientes e coidados suaves.