Querido/a lector/a

Disque podes atopar os mellores tratamentos aquí

En Vai de Unllas entendemos a estética como un coidado integral: dende unha manicura que fala por ti ata tratamentos faciais e corporais que devolven á pel a súa luz natural. Tamén dispoñemos de técnicas avanzadas, como o láser ou a micropigmentación, para quen busca precisión e resultados duradeiros.

Aquí cada detalle importa, porque o verdadeiro luxo está en como te sintes.

Mans e pés

Mimamos cada detalle como se fose unha xoia.

Comezamos cunha limpeza suave da pel, seguimos cunha exfoliación e hidratación que devolven o confort ás mans e aos pés, e rematamos cunha masaxe que convida a esquecer o mundo por uns minutos.

Dentro dos nosos coidados atoparás opcións pensadas para cada momento: spa de mans e pés, esmaltado de unllas, extensión de unllas e manicura infantil, para que tamén @s máis peques poidan vivir o seu propio ritual de beleza.

E, se o que precisas é unha sensación máis profunda de descanso, a reflexoloxía podal convértese nunha pausa para liberar tensións, activar o benestar e volver pisar o mundo con máis lixeireza.

foto-relleno

Masaxes

Hai días nos que o corpo pide unha pausa.

Para eses momentos, en Vai de Unllas atoparás masaxes pensadas para aliviar tensións, suavizar o cansazo e devolverlle ao corpo esa sensación de lixeireza que nace do verdadeiro benestar.

Podes escoller entre masaxes faciais, ideadas para relaxar as faccións e revitalizar a pel; masaxes relaxantes, perfectas para desconectar do ritmo diario; ou masaxes enerxéticas, pensadas para recuperar equilibrio, vitalidade e unha sensación renovada de harmonía.

Cada experiencia acompáñase de técnicas coidadas, aromas delicados e aceites esenciais que acarician a pel con serenidade. Todo sucede nun espazo que invita a deter o tempo, respirar fondo e volver ao día a día cun brillo novo, por dentro e por fóra.

mirada-servicio-vaideunllas

Mirada

A mirada ten algo especial.

Fala sen palabras, transmite emocións e reflicte a nosa esencia en cada xesto. Por iso, en Vai de Unllas dedicámoslle un espazo propio, pensado para realzar a súa beleza natural sen perder a súa autenticidade.

Os nosos tratamentos de lifting de pestanas e laminado de cellas están deseñados para destacar a expresión do rostro, achegando definición, harmonía e luminosidade. Pequenos detalles que marcan a diferenza e que permiten potenciar a túa mirada dun xeito elegante e natural.

Porque ás veces non fai falta cambiar nada, só resaltar aquilo que xa te fai única.

mirada-vai-de-unllas

micropigmentacion-vaideunllas

Micropigmentación

Cada trazo conta unha historia.

Buscamos resultados elegantes, naturais e duradeiros, respectando sempre as faccións e a expresividade de quen a leva. A micropigmentación permítenos realzar a beleza de forma sutil, corrixir pequenas asimetrías e achegar definición a aqueles trazos que fan única a cada persoa.

Ofrecemos tratamentos de micropigmentación de beizos, cellas, liña do ollo e entre pestanas, así como solucións de micropigmentación capilar orientadas a mellorar a imaxe e recuperar a sensación de confianza. Cada procedemento realízase de maneira personalizada, adaptándose ás características e necesidades de cada cliente.

Porque a verdadeira beleza non consiste en transformar, senón en destacar aquilo que xa forma parte de ti.

micropigmentacion-servizo-vaideunllas

servizo-facial-vaideunllas

Facial

A pel do rostro acompáñanos cada día.

Reflicte como nos sentimos e merece un coidado á altura de todo o que nos ofrece. En Vai de Unllas creamos tratamentos faciais pensados para limpar, revitalizar e devolverlle á pel o seu equilibrio natural.

Desde a hixiene facial ata tratamentos faciais personalizados, cada sesión adáptase ás necesidades específicas de cada persoa, combinando técnicas profesionais e produtos seleccionados para potenciar a luminosidade, a frescura e o benestar da pel.

Para quen busca unha experiencia máis completa, o Ritual Kobido; coñecido como «o antigo camiño da beleza», é un ritual facial xaponés que combina a masaxe do tecido profundo coa drenaxe linfática e a acupresión.

servizo-facial-vaideunllas
vaideunllas-facial-corporal-2

Corporal

Ás veces o corpo fala antes ca mente.

O cansazo, a tensión ou o ritmo diario deixan pegadas que merecen un momento de atención e coidado. Por iso, en Vai de Unllas ofrecemos tratamentos corporais pensados para renovar a sensación de benestar e recuperar a harmonía.

A través de servizos como a hixiene corporal, a exfoliación e hidratación corporal, a drenaxe linfática ou os tratamentos para pernas cansas, axudamos a mellorar a sensación de lixeireza, favorecer a circulación e devolverlle á pel toda a suavidade e o confort que necesita.

Pequenos rituais que transforman o coidado do corpo nunha experiencia de relaxación, equilibrio e benestar duradeiro.

servizo-corporal-vaideunllas
vaideunllas-facial-corporal-1

madeiroterapia-servizos-2

Madeiroterapia e metaloterapia

A natureza sempre foi unha aliada para recuperar o equilibrio do corpo.

En Vai de Unllas trasladamos esa idea aos nosos tratamentos de madeiroterapia e metaloterapia.

A madeiroterapia emprega instrumentos de madeira para estimular a circulación, activar o sistema linfático e axudar a tonificar zonas como pernas, glúteos ou abdome.

A metaloterapia incorpora ferramentas metálicas que permiten traballar o corpo con precisión, favorecendo o drenaxe, a firmeza e a sensación de lixeireza.

Dúas técnicas que se complementan para converter cada sesión nun ritual de coidado, benestar e renovación corporal.

metaloterapia-vaideunllas

Depilación

Ritual de coidado e precisión.

Aplicamos diferentes técnicas —fío, pinza, láser, cera quente ou fría— escollendo sempre a máis axeitada para a túa pel e as túas necesidades.

O obxectivo é ofrecer resultados duradeiros sen renunciar á suavidade nin ao respecto polas peles máis sensibles.

Con esmero e calma, eliminamos o superfluo para que a túa pel brille coma a verdadeira protagonista, sen temor nin presa, só con confianza e benestar.

depilacion-vaideunllas

piercing-vaideunllas

Piercings e tatuaxes

Dise que a arte vai máis ala do ornamento.

Dise que a arte vai máis alá do ornamento: tatuaxes que murmuran lembranzas e piercings que engaden luz alí onde a personalidade quere falar.

Cada creación, sexa unha peza de tinta ou un pequeno punto de metal, convértese nunha xoia única, feita á medida de quen a leva e co mimo que sempre nos guía.

Acompañámoste a selar momentos, identidades ou simplemente ese desexo íntimo de levar beleza na pel… dun modo tan auténtico coma ti.

Regala saúde e benestar

Se queres sorprender con elegancia, aquí atoparás o detalle perfecto.

Os nosos vales agasallo están pensados para quen desexe ofrecer algo máis ca un presente: unha cita de coidado refinado, de calma e beleza que deixa pegada.

O teu está agardando. Ven por el… ou pídeo agora e fai feliz a alguén que o mereza.

Preguntas frecuentes

Non quedes coas dúbidas

Canto dura unha sesión de manicura?

A duración varía en función do esmaltado elixido: unha manicura con esmaltado require arredor de 90 minutos, mentres que unha manicura sen esmaltado adoita realizarse nuns 45 minutos. Procuramos traballar con tempos realistas para garantir un acabado coidado, sen présas, buscando un resultado impecable.

Como podo conseguir a tarxeta de fidelización?

A tarxeta de fidelización actívase no momento en que se fai por primeira vez un tratamento de spa de mans ou spa de pés. Cada sesión deste tipo suma un selo, e ao chegar a 10 selos entregarémosche un agasallo especial como agradecemento pola túa fidelidade.

Tedes tarxetas ou vales agasallo dispoñibles?

Si, dispoñemos de vales agasallo que se poden adquirir para regalar experiencias e tratamentos. Son unha opción ideal cando se quere ofrecer un detalle.

En que consiste a aplicación de reservas e como funciona?

A APP permíteche consultar a dispoñibilidade e reservar o servizo que desexes dun xeito rápido e cómodo, sen necesidade de mensaxes nin chamadas. Ademais, en Instagram temos un vídeo explicativo onde podes ver o proceso paso a paso.

É necesario pedir cita para calquera servicio?

Si, sempre traballamos con cita previa para todos os servizos. Isto permítenos garantir o tempo necesario para cada tratamento e ofrecer unha atención totalmente personalizada. Podes reservar a través da nosa APP.

Os produtos utilizados son aptos para peles sensibles?

Traballamos con produtos formulados con base natural e seleccionados especificamente para ser respetuosos coa pel. Son aptos incluso para peles delicadas ou sensibles, e priorizamos sempre ingredientes e coidados suaves.